miércoles, 1 de junio de 2011

Pautas para o traballo de normalización lingüística.

Reporteira: Paula  Regueiro Freire

Entrevistado: José Vicente Vázquez

Número de explotacións gandeiras na zona.
Bovino:11
Caprino:2

Que tipo de razas.
Rubia galega e fisona.

Coidado que leva consigo o gando:
Veterinario.

Alimentación do gando
Herba, maíz, trigo, centeo, palla.

Gando estabulario ou transhumante.
Transhumante.

Coidado diario
Estrar as cortes, muxir e alimentalas

Media numérica de cabezas por explotación
15

Cantas cabezas de gando posuen
40

Existen ou non talleres de venta e reparación de maquinaria agrícola.
Non existen

Que tipo de maquinaria se emprega para o coidado e o mantemento diario do gando.
Tractor, remolque, cisterna, segadora, auto cargadora, fresa, arado, grade, muxidoira, colleitadora, mezcladora de comida.

Como é a xornada diaria dun gandeiro.
Levantase as sete, desayuna, dalle de comer as vacas, muxeas, limpia o establo, xanta, e a tarde volve a facer o mesmo que a mañá.

Que alimentos derivan d ganderia propia da zona.
queixo e leite.

martes, 5 de abril de 2011

A GANDERÍA PORCINA

Respecto a este tipo de gandería existen dous tipos: a familiar e a de explotación.
Este animal utilízase básicamente para consumo familiar, do cal se elaboran rixóns, chourizos, xamóns curados, morcillas,...etc. As restantes partes do porco, se conxelan, aínda que unha minoría segue a salar polo método tradicional.
Estes animais alimentanse de berzas, landras, pienso e sobras de outras comidas.

A GANDERÍA BOVINA

A razas de vacas maioritarias son a rubia galega, a holandesa e suíza aproveitando a súa carne e leite.
Algunha granxa adícase a importación e venda de vacas das distintas razas. A maioría das granxas están dotadas de estacións de ordeño automático e outras instalacións modernas.
A maior parte da produción do leite véndese a empresas leiteiras e pequenas queixerías galegas, nas que se elaboran productos derivados do leite. A restante producción utilízase para consumo familiar ou a súa venda nos mercados e feiras da zona.
A base da alimentación deste gando son os grandes pastizais que forman parte da nosa paisaxe. Na época en que escasea a herba utilízanse os silos feitos con herba ou canas de millo.

lunes, 28 de marzo de 2011

APROVEITAMENTO DOS PRODUCTOS GANDEIROS

FAMILIAR
A maioría das explotacións teñen un carácter de autoconsumo e os excedentes da produción véndense nos mercados e feiras do contorno; sendo Arzúa e Melide os destinos máis habituais.
Entre os productos de venda máis importantes atópanse: os queixos, o galo de curral, ovos, mel e coellos.

EXPLOTACIÓNS
Existen algunhas explotacións fundamentalmente bovinas e porcinas. Algunha granxa adícase a importación e venda de vacas de varias razas. Estas granxas poseen instalacións de ordeño automáticas.
A produción leiteira véndese as empresas leiteiras; así mesmo tamén se utiliza para a elaboración de queixos e a súa posterior venta.

jueves, 17 de marzo de 2011

A GANDERÍA

A maior parte da poboación desta zona, adícase á agricultura e a gandería.
Este curso 2010- 2011, no Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, traballaremos sobre o tema da gandería desta zona e arredores.
No concello de Santiso hai moitos prados e pastizales. O gando porcino ocupa o primeiro lugar en número de cabezas e lle sigue o bovino.
Imos mostrarvos unhas fotos do gando da zona.













ONDE ATOPARNOS

Para os que non coñezan o noso colexio imos explicar un pouquiño en que zona se atopa.
O CEIP de Visantoña atópase na localidade de Visantoña, que pertence ao concello de Santiso.
Este municipio está situado ao sudeste da provincia da Coruña. O río Ulla, ensanchado polo encouro de Portomouros, sírvelle de separación dos dous concellos de Vila de Cruces e Agolada. Ao norte e ao oeste limita con Arzúa, ao noreste con Melide e ao leste con Palas de Rei, da provincia de Lugo.
Forma parte da comarca de Terra de Melide, xunto cos municipios de Melide, Sobrado e Toques.
É unha bonita zona para visitar...

lunes, 14 de marzo de 2011

¡ BENVIDOS !

Ola a todos e todas, comezamos hoxe unha nova aventura no colexio.
Creamos este blog no CEIP de Visantoña para que todos os alumnos e as familias poidan ver o traballo que realizamos co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ademais tamén é unha ventá para dar a coñecer o noso traballo a outra xente.
Este curso 2010-2011, estamos traballando o tema da gandería  na nosa zona. Pouco a pouco iremos colgando a información que os alumnos e alumnas aportan ao traballo e tamén a que recollen os mestres.
¡ Animádevos a participar na súa elaboración!