lunes, 28 de marzo de 2011

APROVEITAMENTO DOS PRODUCTOS GANDEIROS

FAMILIAR
A maioría das explotacións teñen un carácter de autoconsumo e os excedentes da produción véndense nos mercados e feiras do contorno; sendo Arzúa e Melide os destinos máis habituais.
Entre os productos de venda máis importantes atópanse: os queixos, o galo de curral, ovos, mel e coellos.

EXPLOTACIÓNS
Existen algunhas explotacións fundamentalmente bovinas e porcinas. Algunha granxa adícase a importación e venda de vacas de varias razas. Estas granxas poseen instalacións de ordeño automáticas.
A produción leiteira véndese as empresas leiteiras; así mesmo tamén se utiliza para a elaboración de queixos e a súa posterior venta.

jueves, 17 de marzo de 2011

A GANDERÍA

A maior parte da poboación desta zona, adícase á agricultura e a gandería.
Este curso 2010- 2011, no Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, traballaremos sobre o tema da gandería desta zona e arredores.
No concello de Santiso hai moitos prados e pastizales. O gando porcino ocupa o primeiro lugar en número de cabezas e lle sigue o bovino.
Imos mostrarvos unhas fotos do gando da zona.













ONDE ATOPARNOS

Para os que non coñezan o noso colexio imos explicar un pouquiño en que zona se atopa.
O CEIP de Visantoña atópase na localidade de Visantoña, que pertence ao concello de Santiso.
Este municipio está situado ao sudeste da provincia da Coruña. O río Ulla, ensanchado polo encouro de Portomouros, sírvelle de separación dos dous concellos de Vila de Cruces e Agolada. Ao norte e ao oeste limita con Arzúa, ao noreste con Melide e ao leste con Palas de Rei, da provincia de Lugo.
Forma parte da comarca de Terra de Melide, xunto cos municipios de Melide, Sobrado e Toques.
É unha bonita zona para visitar...

lunes, 14 de marzo de 2011

¡ BENVIDOS !

Ola a todos e todas, comezamos hoxe unha nova aventura no colexio.
Creamos este blog no CEIP de Visantoña para que todos os alumnos e as familias poidan ver o traballo que realizamos co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ademais tamén é unha ventá para dar a coñecer o noso traballo a outra xente.
Este curso 2010-2011, estamos traballando o tema da gandería  na nosa zona. Pouco a pouco iremos colgando a información que os alumnos e alumnas aportan ao traballo e tamén a que recollen os mestres.
¡ Animádevos a participar na súa elaboración!