jueves, 17 de marzo de 2011

ONDE ATOPARNOS

Para os que non coñezan o noso colexio imos explicar un pouquiño en que zona se atopa.
O CEIP de Visantoña atópase na localidade de Visantoña, que pertence ao concello de Santiso.
Este municipio está situado ao sudeste da provincia da Coruña. O río Ulla, ensanchado polo encouro de Portomouros, sírvelle de separación dos dous concellos de Vila de Cruces e Agolada. Ao norte e ao oeste limita con Arzúa, ao noreste con Melide e ao leste con Palas de Rei, da provincia de Lugo.
Forma parte da comarca de Terra de Melide, xunto cos municipios de Melide, Sobrado e Toques.
É unha bonita zona para visitar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario