martes, 5 de abril de 2011

A GANDERÍA PORCINA

Respecto a este tipo de gandería existen dous tipos: a familiar e a de explotación.
Este animal utilízase básicamente para consumo familiar, do cal se elaboran rixóns, chourizos, xamóns curados, morcillas,...etc. As restantes partes do porco, se conxelan, aínda que unha minoría segue a salar polo método tradicional.
Estes animais alimentanse de berzas, landras, pienso e sobras de outras comidas.

A GANDERÍA BOVINA

A razas de vacas maioritarias son a rubia galega, a holandesa e suíza aproveitando a súa carne e leite.
Algunha granxa adícase a importación e venda de vacas das distintas razas. A maioría das granxas están dotadas de estacións de ordeño automático e outras instalacións modernas.
A maior parte da produción do leite véndese a empresas leiteiras e pequenas queixerías galegas, nas que se elaboran productos derivados do leite. A restante producción utilízase para consumo familiar ou a súa venda nos mercados e feiras da zona.
A base da alimentación deste gando son os grandes pastizais que forman parte da nosa paisaxe. Na época en que escasea a herba utilízanse os silos feitos con herba ou canas de millo.