martes, 5 de abril de 2011

A GANDERÍA BOVINA

A razas de vacas maioritarias son a rubia galega, a holandesa e suíza aproveitando a súa carne e leite.
Algunha granxa adícase a importación e venda de vacas das distintas razas. A maioría das granxas están dotadas de estacións de ordeño automático e outras instalacións modernas.
A maior parte da produción do leite véndese a empresas leiteiras e pequenas queixerías galegas, nas que se elaboran productos derivados do leite. A restante producción utilízase para consumo familiar ou a súa venda nos mercados e feiras da zona.
A base da alimentación deste gando son os grandes pastizais que forman parte da nosa paisaxe. Na época en que escasea a herba utilízanse os silos feitos con herba ou canas de millo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario